Presentación
A Casa
Reservas
A Zona
A Zona  
 

 

A Zona


Nas proximidades poden realizarse paseos a pé ou en bicicleta, nos que se gozará da frescura dos moitos e pequenos vales interiores, tapizados de verdes prados, regados por centos de regueiros nos que abundan bosques con especies autóctonas: carballos, sobreiras, ... Poden descubrirse interesantes zonas húmidas coma a Lagoa de Olives, ou contemplarse desde o miradoiro da Rocha a grandiosidade do val do Ulla abríndose cara a Ría de Arousa. Tamén se poden visitar nestes paseos os pazos de Oca e o da Mota ou igrexiñas románicas, ...

  En paseos máis longos, nos que é recomendable utilizar coche, pódese gozar coa fervenza do río Toxa (afluente do Deza) e a súa área nas proximidades do Mosteiro de Carboeiro. Nas beiras do Ulla ofrécese a impresionante e agreste natureza de San Xoán da Cova ("Gundián"), a encantadora paraxe das illas de Ponte Ledesma con ponte románica incluída. Nos días claros a cima do Pico Sacro constitúe un miradoiro privilexiado sobre as terras de Santiago. Cara á Terra de Montes atópanse o mosteiro de Acibeiro, na aba da serra do Candán, e as fontes dos ríos Lérez e Umia.

Nesta zona tamén se poden practicar deportes de aventura como rafting, piragüismo, ...

Os que veñan á Casa Grande de Vilanova terán a oportunidade de visitar a monumental cidade de Santiago de Compostela (a 24 Km), patrimonio da Humanidade e referente cultural e simbólico para Galicia e para o occidente europeo.

Tamén é fácil desde Vilanova (Remesar) facer unha escapada ás rías galegas: Arousa, Pontevedra, Noia, Vigo, ...

Desde a Casa Grande de Vilanova


Distancias aproximadas desde a Casa Grande de Vilanova:
Á Estrada: 8 km
A Santiago: 24 km
Á Coruña: 84 km
A Pontevedra: 50 km
A Vilagarcía de Arousa: 40 km
A Vigo: 80 km
A Lalín: 35 km
A Lugo: 100 km
A Ourense: 87 km