Presentación
A Casa
Reservas
A Zona
A Casa  
 

 

As Habitacións


Dispón de 8 habitacións dobres, todas con baño, calefacción, televisión, radio e teléfono. Nelas pódense poñer algunhas camas supletorias e berces, xa que os nenos son benvidos.

     

A Biblioteca e o Salón Social


A casa ofrécelles aos seus usuarios unha biblioteca ben dotada, na que destacan obras dedicadas ás artes, á literatura, ánatureza, ... e a todas as temáticas referidas a Galicia.

Especialmente acolledor é o salón social no que chama a atención a lareira e unha monumental cheminea en pedra, e no que se pode descansar e conversar comodamente.

       

A Piscina


  No exterior conta cunha moderna piscina de case 18 m de longo, cun contorno preparado para tomar tranquilamente o sol. O conxunto da finca (de máis de 13.000 m2) ofrece amplos espacios e variados recantos. Destacan as vistas ao val do río Ulla co Pico Sacro ao fondo.

Outros Servicios


A casa ofrece a todos os clientes servicio de almorzo e para quen o encargue comidas e ceas, e servicio de lavandería. Existe a posibilidade de acoller animais de compaña, sempre que non estorben o descanso dos usuarios.

Conta cun amplo e cómodo aparcamento no exterior.

Servicios gratuitos para os residentes: utilización de bicicletas e uso da piscina.